Agenda: Música na Ascensión (Festival Son A) en Multiusos Fontes do Sar (Santiago de Compostela) el 16/05/12

Mércores 16 de maio
música na ascensión ‘12
Multiusos Fontes do Sar
Iván Ferreiro, Xoel López, Novedades Carmiña, Eladio y los Seres Queridos, The Blows, Triángulo de Amor Bizarro.
Entradas á venda dende o 27 de marzo na rede Ticketmaster, en NovaGaliciaBanco e na web www.multiusos.net, a un prezo de 15€ + gastos / o día do
evento no despacho de localidades do Multiusos a un prezo de 19€ + gastos

IVÁN FERREIRO
Os seus doce anos ao fronte dos estratosféricos Los Piratas e o seu algo máis dun
lustro de sinuosa carreira en solitario, aválano coma un dos referentes no panorama musical español. “Confesiones de un artista de mierda”, o seu último disco,
é un exercicio franco e apaixoado de liberación de todo o que Iván ten dentro.
Foi gravado en directo cun reducido público composto por invitados da banda
e por fans afortunados.
XOEL LÓPEZ
Xoel López é un dos artistas máis representativos da escea independente en España. Aínda que sempre se moveu entre os sons do pop-rock indie e o folk dos
60, el defínese como un artista libre, e así o demostra. Xoel deixou atrás unha
carreira consolidada no seu país baixo o seudónimo de “Deluxe” para saltar o
charco e empezar unha nova etapa co seu nome. O seu primeiro traballo co seu
propio nome verá a luz o 17 de abril e chamarase “Atlántico”.

 

ELADIO Y
LOS SERES
QUERIDOS
Trala publicación de “Están Ustedes Unidos” en marzo de 2011, a xira de presentación arrincou con máis de 40 datas polo territorio nacional, incluindo os
máis destacados festivais: Primavera Sound, Vigo Transforma, Día de la Música,
Cultura Quente, Ebrovisión ou Sonorama, entroutros. Sen dúbida un artista que
se converte na gran esperanza da rexeneración artística da tantas veces maltratada escea nacional.
TRIÁNGULO
DE AMOR
BIZARRO
Como se The Jesus & Mary Chain creceran na Coruña, ou coma uns Einstürzende Neubauten con máis apego á melodía, Triángulo de Amor Bizarro pervirten
as convencións con electricidade desbordante e letras surrealistas. TAB é unha
feliz anomalía no rock estatal.
NOVEDADES
CARMINHA
Tralo éxito de Te vas con Cualquiera (Bowery Records, 2009), volve á carga co
seu segundo LP, Jódete y Baila (Lixo Urbano, 2011), que evoluciona cara a un
sonido máis bailón, rozando terreos lo-fi e achegándose estilísticamente á nova
ola de garaxe xurdida en Estados Unidos, con Black Lips, Jacuzzi Boys ou Harlem á cabeza.

 

THE BLOWS
Unha das grandes esperanzas da sempre fecunda escena viguesa, The Blows
deron un gran paso adiante con “Ejército de Fantasmas”. O seu segundo disco
amósaos máis enérxicos e cercanos á electrónica, na que pode ser unha das sorpresas do ano.

 

Share